"Florencio de Arboiro, chispa refulgente de la memoria en el Campus de Ourense"

 Esperado y merecido este homenaje a nuestro amigo Florencio en Ourense con motivo de la presentación del libro de Olegario Sotelo "FLORENCIO DE ARBOIRO Arte da Terra" 

www.laregion.es

En el Campus de Ourense fue presentado el libro “Florencio de Arboiro. Arte da Terra”, que recoge parte de la labor vital del fallecido coleccionista por salvaguardar la identidad ourensana.

La obra de Florencio Martínez; quien tomó el nombre de su aldea natal como identificativo; se transformó en el libro “Florencio de Arboiro. Arte da Terra”. El volumen fue presentado ayer en la sala Emilia Pardo Bazán, en el Campus de Ourense. De la autoría de Olegario Sotelo Blanco, el local, más que una sala llena, se transformó en un espacio de evocación.

viajaba por entornos de la Galicia profunda rescatando ruedas de afilador, piezas de molinos de agua o cualquier objeto relacionado con los oficios ambulantes




Universidad de Vigo 

O campus súmase á lembranza de Florencio de Arboiro

O libro é obra de Olegario Sotelo Blanco

DUVI Ourense  04/12/2025

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores pola tarde a presentación do libro Florencio de Arboiro. Arte da terra. No acto déronse cita familiares, amizades, membros da comunidade universitaria e outras persoas que se quixeron unir á lembranza e recoñecemento da figura deste artista e coleccionista ourensán. 

Desde o afecto persoal e o recoñecemento profesional, o acto, presentado por Alicia González, contou coas intervencións do historiador Jesús de Juana, da antropóloga Fátima Braña, do profesor Xosé Manuel Cid, de Olegario Sotelo (autor da publicación) e de Almudena Martínez. Participaron igualmente Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia e autor do limiar da obra. 

Apegado á terra e ás súa xentes

Nas páxinas de Florencio de Arboiro. Arte da terra, Olegario Sotelo sinala que “no cabodano do pasamento do meu amigo Florencio, xa é hora de facer un breve percorrido pola súa vida. Foi a Fundación Sotelo Blanco quen me pediu un traballo sobre el para lembralo como se merece, labor que fago encantado porque se trata dun amigo”. Na publicación destaca que este “home tranquilo, pero moi activo e fecundo, soubo poñer en todo canto fixo intelixencia, cariño e bondade” e lembra que “durante moitos anos da nosa vida pateamos xuntos as nosas aldeas e non coñecín a ninguén que, como Florencio, estivera tan apegado á nosa terra e ao trato coas nosas xentes”. Isto, detalla, “demostrouno coas súas creacións artísticas e coa súa sabedoría, facendo que cada escultura súa fose unha homenaxe tanto a labregos e labregas, como a profesionais e figuras vinculados ao rural: carpinteiros, ferreiros, quincalleiros, afiadores, meigas... aos que dedicou esculturas en bronce”. 

Florencio, recolle a publicación editada por Sotelo Blanco, “camiñou amodo pero seguro, consciente da desfeita cultural que significaba” o progreso, e “dedicouse a non deixar perder cousas como as rodas de afiar (ferramenta coa que miles de galegos se gañaron a vida), muíños que foron imprescindibles para manter a supervivencia da xente nas nosas aldeas, ferramentas dos distintos oficios... en definitiva, todo aquilo que durante séculos foi útil”. Segundo explica  Olegario Sotelo, ademais de “recuperalas fisicamente, restaurando moitas delas como no caso das rodas de afiar, a través da súa forza creativa agasallounos con recreacións desas pezas en fermosas esculturas”. Florencio, sinala o autor da publicación, “nunca fixo esas magníficas pezas por interese económico, xa que moitas delas nunca as quixo vender”, apuntando como “cobraba polo seu traballo como mestre ocupacional para os enfermos do psiquiátrico de Toén” e “todo o demais facíao por afección e porque sabía facelo e, por enriba de todo, porque sempre tivo a lucidez de pensar nesas ferramentas, o mesmo que os oficios, os muíños ou os fornos, como tesouros da nosa cultura popular e o feito de perdelos ou ignoralos, significaba que unha parte importante das nosas tradicións, e por tanto da nosa cultura, caería no esquecemento eterno”.



Entradas populares de este blog

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

La actriz Elena Lombao (Raquel en la serie “Aquí no hay quien viva”) interpreta la obra SUFRIDA CALO – Tragicomedia, en la que da vida a la propia “Sufrida Calo” y a “Filomena de Torbeo”.