"Adeus ao meu amigo, Florencio de Arboiro" la carta de despedida de Olegario Sotelo Blanco.

https://www.lavozdegalicia.es

Acabo de saber que morreu Florencio de Arboiro, a quen todos coñeciamos como O Escultor. Con Florencio uniume unha amizade que durou toda a vida. El naceu a catro kilómetros da miña aldea, Quintela de Mazaira, e xuntos percorremos durante moito tempo as aldeas da comarca. El sempre andaba nos encoros e nos ríos na procura de cantazos e pezas de madeira que combinaba co latón que fundía compoñendo as súas marabillosas esculturas. Máis tarde escolmou e coleccionou historias e rodas de afiadores para conseguir un material único que repousa na súa casa de Arboiro, quizás agardando que algunha das institucións reúna nun centro de interpretación a cultura que nos legaron os afiadores. Sen dúbida el inspiroume para reconstruír as moitas historias que publiquei sobre estas persoas rexas e orgullosas que no pasado percorreron o mundo levando no lombo a súa industria ambulante.

Ademais, Florencio, non só nos legou fermosas esculturas relacionadas coa natureza e tamén coa dimensión máxica das meigas. Tamén traballou durante décadas no sanatorio de Toén como terapeuta ocupacional, un labor que sen dúbida foi reflexo dunha conciencia sensible e bondadosa. Cónstame que foi moi estimado e admirado por pacientes e colaboradores dese centro. Cómpre lembrar esta súa faceta nestes tempos nos que a atención e os coidados das persoas máis vulnerables é tan necesaria coma escasa.

 Poucas palabras necesita un amigo para despedirse. Florencio foi unha desas persoas que na vida algúns temos o privilexio de coñecer e desfrutar, desas que dan moito máis do que reciben e que sempre están cando se lles necesita. En Galicia coñecémolas como boas e xenerosas, e con iso nos abonda para entender. Boa viaxe, Florencio. Até sempre.

Entradas populares de este blog

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

FIESTAS DE AGOSTO - TORBEO 2024.-