MOCIÓN A PROL DO CAMIÑO DE INVERNO AO SEU PASO POR TORBEO-VILACHA-ROZAVALES.
"A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur e a Asociación de Veciños de Torbeo presentan a seguinte moción ante o Pleno do Excelentísimo Concello de Ribas de Sil"
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O 25 de xuño de 2020 presentamos un informe técnico na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Este é o organo responsable da delimitación dos camiños a Santiago de Compostela.
Este informe, baseado en documentacion historica e informes toponímicos, certfica o paso do Camiño de Inverno polas seguintes parroquias: Torbeo (Concello de Ribas de Sil) Vilachá de Salvadur (Concello da Pobra do Brollón), Rozavales, Vilamarin, Caneda e Santa Mariña do Monte (Concello de Monforte de Lemos).
A cerificación deste itinerano comezou co informe presentado en 1999 polo Concello de Monforte de Lemos e encargado pola actual presidenta da Asociación de Camiños a Santago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez.
A alteración do trazado produciuse entre 2005-2006 ao pechar o complexo de Augas Mestas que contaba cun catamarán que permitía o cruce do lado da Covela á Barxa e salvar así o río Sil.
A modificación por causas técnicas non nega nin desterra a tese de que o trazado orixinal fose o indicado anteriormente. Por tanto, con base no principio de rigorosidade histórica, o Camiño de Inverno orixinal debe recoñecerse como tal á espera das solucions pertinentes por parte das administracións públicas.
Ademais do citado informe de 1999, e como resultado da investigación levada adiante pola nosa asociación, incorporamos tes teses que reforzan o trazado orixinal.
1º 0 toponimo de Rozavales foi imposto no século XII polo rei Afonso IX (O impulsor do Camiño de Santago) Rozavales é a forma galega de Roncesvalles que é o inicio do Camiño Francés e de ai a simboloxia da escolla. Ademais, acreditamos documentalmente a existencia dun hospital de peregrinos a cargo da Confraria do Hospital de Roncesvales.
2° No Tombo B da Catedral de Santiago de Compostela dise que o rei Afonso IX doa a igrexa de Salvadur (topónimo anterior a Rozavales) á orde de Hospital de Rozavales. Por tanto, certfica a existencia dun "albergue de hospitalidade", como se entendia enton a palabra hospital.
3° Documentamos, grazas aos textos dos mosteiros de Montederramo e de San Vicente do Pino, a existencia dunha ruta durante os séculos XII-XIX (por tanto, dun camaño de uso continuado) entre Torbeo-Vilacha Rozavales que ia dar a Monforte de Lemos. Esta ruta era a usada polos peregrinos do Camiño de Inverno.
SOLICITAMOS
A existencia do Camiño de Inverno foi recoñecido oficialmente polo Parlamento de Galicia mediante a Lei 5/2016 do 4 de maio de patrimonio cultural de Galicia (art. 73).
A partir de aqui comezan os traballos para a delimitación do percorrido (que ainda non é oficial). Por este motivo a nosa asociación enviou o citado informe técnico, que poderia contar (se for o caso e así o solicitase a Xunta de Galicia) co aval de institucións académicas e científicas coas cales xa falamos (Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega e Consello de Toponimia da Xunta de Galicia).
Ademais, e para que conste nesta moción, en ningún momento esta asociación rexeita nin desacredita o actual tramo do Camiño de Inverno. Cremos que, como noutros puntos dos distntos camiños a Santiago (Samos-San Xili ou Tui-A Guarda), poden convivir as dúas alternativas de maneira oficial.
Por tanto, solicitamos a este Pleno
1. O seu apoio á demanda desta asociación para o recoñecemento do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela ao seu paso por Torbeo-Vilachá-Rozavales conforme á documentación histórica presentada.
2. O seu apoio para levar adiante as iniciativas necesarias para defender, difundir e promocionar este percorido.
3. A súa colaboración para solicitar á Xunta de Galicia os informes pertinentes para o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno ao seu paso por Torbeo-Vilacha Rozavales.
Asdo.
Mario Vidal González
(presidente da Asociación de Veciños de Torbeo)
José Castiñeira Defente
(presidente da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur)
Xurxo Martinez González
(vicepresidente da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur)
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIBAS DE SIL