"Tronceda es un refugio que parece haber vencido al tiempo..." Fotografías de Antonio Alvarez - Toño de Campelo.














MEDIO RURALTronceda: un rural cheo de vida é posible, e desexable

As aldeas abandonadas derrúbanse. Porén, de cando en vez, aparecen persoas dispostas a retornar a unha vida en contacto coa natureza. Este é o caso de Tronceda, onde atopamos persoas habitando o rural dun xeito alternativo e anticapitalista, sen perder o contacto co resto das aldeas
Elena Martín 
 Tronceda parece unha aldea parada no tempo, e pasear entre as súas casas de pedra, por camiños sen asfaltar, mentres a bruma o cobre todo ao amencer contribúe a esta sensación. Porén, non hai nada máis lonxe da realidade. Este lugar situado nun lugar privilexiado, a poucos quilómetros de Ourense, nunha das ladeiras que baixan ata o río Sil, e rodeado de natureza, é unha das aldeas da zona con máis vida —entre as súas rúas conviven unha trintena de persoas, sete delas nenos, un récord para esta zona montañosa de Galiza moi atacada polo despoboamento—. É difícil non ficar namorado deste lugar unha vez o atopas agochado entre carballos, e isto foi o que lle pasou a José María Cofreces, un dos primeiros repoboadores, que leva 25 anos participando en Tronceda, vivindo aquí a maior parte do tempo e sostendo que defender o rural non é só necesario, senón que debería ser unha prioridade.
Jose María leva 25 anos en Tronceda, onde é dono dun albergue de turismo responsable. ELENA MARTÍN

"Isto non é un proxecto, é un lugar onde se busca facer as cousas doutra maneira, fóra dos engrenaxes do capitalismo”
“Cando eu cheguei, o último poboador orixinario xa marchara había 20 anos, co cal o lugar levaba abandonado 45”, conta José María, orixinario de Valladolid e copropietario de Ecogermen, unha cooperativa de produtos ecolóxicos respectuosos co medio ambiente que forma parte da Rede de Economía Social e Solidaria (REAS), e dono dun albergue de turismo responsable na propia Tronceda. El, xunto con outras dúas persoas chegou a Tronceda desde Matavenero, unha ecoaldea que tamén se recuperou hai case 30 anos. Pero o caso de Tronceda é distinto, aquí non chegaron en grupo como pasou con outros proxectos, senón que as casas de Tronceda foron mercadas unha a unha aos seus antigos donos e reconstruídas polos novos poboadores. Algunhas ruínas aínda están sendo compradas a día de hoxe.
“Isto non é un proxecto, é un lugar onde se busca facer as cousas doutra maneira, fóra dos engrenaxes do capitalismo”, di José María. Para el, como para outros moitos novos habitantes do rural, a clave para o desmantelamento do campo está en que os gobernos só se centran nas urbes, esquecendo a esta poboación que fica abandonada, e ademais di que hai uns intereses políticos detrás. “Debería unirnos a municipalidade e debería deixar de haber esta desconexión entre cidade e campo”, engade. Javier, outro habitante desta aldea de montaña vai máis aló e asegura que o único mundo posible e sostible é o rural. A cidade non se pode entender sen o campo, e viceversa, ten que rematar esa dicotomía tradicional.

Interesa un campo sen xente, porque entón as terras e os montes pódense explotar
O problema do desmantelamento e abandono do rural non é novo, pero é agora cando hai un maior perigo pola industrialización imparable e despreocupación polo medio ambiente. A poboación orixinaria de Tronceda marchou nos 60, cando se deu un abandono do campo en favor de emigrar a outras cidades do país ou ao estranxeiro pola falta de posibilidades. O problema actual é distinto, o rural hoxe en día perde habitantes porque están morrendo os poucos que decidiron ficar nesa época. E esta tendencia, para moitas, ten máis que ver cunha estratexia política e económica que porque á xente do rural non lles guste vivir nun lugar como este. “Hai que abandonar esa idea de que o rural é aburrido e monótono”, di Javier. Pero interesa que se pense deste xeito.

De feito, esta perda constante de habitantes non é gratuíta, senón que ten que ver con políticas económicas que ven o campo como unha fonte de materia prima e de enriquecemento para unhas poucas. Hai un grande interese por parte da grande industria por que o campo se baleire de poboadores interesados por vivir nel. Na publicación colectiva “ReVoltando á terra” da Rede Revolta, fálase de como se aproveitou o éxodo de habitantes cara ás urbes para promover modelos industriais nos que os propietarios das terras teñen un papel residual. Exemplos da eucaliptización dos montes galegos ou da creación de megagranxas avícolas ou porcinas son paradigmáticos desta realidade. Os habitantes de Tronceda tamén o teñen claro, José María di que interesa un campo sen xente, porque entón as terras e os montes pódense explotar, enchéndoos de especies que dan riqueza monetaria, xa que non haberá ninguén que se queixe ou proteste se ninguén vive nel.

O DESMANTELAMENTO DO RURAL
Porén, esta tendencia non foi sempre así. Nos anos 70, unha década despois do grande éxodo de poboación rural cara ás cidades, deuse un cambio de visión por parte das administracións e comezou un proceso de profesionalización do sector agropecuario. É nesta época cando aparecen os primeiros sindicatos agrícolas, como o Sindicato Labrego, que buscan cambiar esa tendencia saíndo ás rúas para queixarse da situación do campo, querendo demostrar que van loitar por aquilo que lles importa. Coa entrada do país na CEE, porén, vólvese dar un proceso de desmantelamento das zonas rurais, Europa aconsella reducir a poboación activa rural para que España poida competir co resto dos países da UE, e isto provoca o desmantelamento das pequenas explotacións e, lentamente unha sobreprodución de alimentos. Chegados a este punto, coas Políticas de Agricultura Común (PAC) da UE, o goberno decátase de que o desmantelamento do campo é demasiado grande, e comézanse a dar subvencións para arranxar esta situación. A día de hoxe o rural segue vivindo destas subvencións, que só se centran en darlles cartos a granxas que produzan seguindo as lóxicas do mercado, no canto de a granxas sostibles, pequenas e preocupadas por traballar man a man pola protección do medio ambiente.
Lugares como Tronceda demostran que hai que incentivar o traballo a pequena escala e as pequenas cooperativas

Para José María hai catro tipos de economía: “A economía de mercado, capitalista, que todas coñecemos; a alternativa e solidaria, a do posible e a mergullada. Dise sempre que a economía mergullada é a dos coidados, ou das actividades que non dan unha riqueza evidente, pero eu creo que é outra en verdade, é a da contaminación que producen as grandes empresas, desa que non se sabe exactamente o dano que fan porque é un dano medioambiental que o esnaquiza todo pasiño a pasiño”. E sen dúbida iso parece unha realidade cando vemos que o campo galego está cada vez máis descoidado, máis contaminado e é cada vez máis vítima de incendios anuais, e as macroexplotacións e grandes industrias non fan máis que contribuír a este problema. En palabras dos investigadores da Rede Revolta, “a nivel mundial é evidente a tendencia e presión das grandes multinacionais para concentrar a produción de alimentos en moi poucas especies, e o fomento de reprodución de ditos cultivos mediante transxénicos”. E en Galiza parece que tamén existe esta tendencia.

Na contra, lugares como Tronceda demostran que hai que incentivar o traballo a pequena escala e as pequenas cooperativas. “O problema radica tamén en que se segue vendo o campo como un lugar aburrido, sen posibilidades e triste, pero non é certo”, di Javier. Tronceda é un bo exemplo diso. Nesta aldea a xente dedícase desde á creación de cervexa artesanal, á pintura, ao baile, á escritura, á fabricación de mel... Para moitas, de feito, chegar a Tronceda foi decatarse de habilidades das que non tiñan nin idea. O mesmo José María descubriu a paixón pola poesía vivindo neste lugar ao carón do Sil.

ÉXITO NO MUNDO RURAL, ALTERNATIVO E ANTICAPITALISTA
A cidade vese como o lugar onde está o futuro, pero para moitas esta realidade non é certa. Hai moitos exemplos de pequenas empresas e cooperativas que están tendo éxito no mundo rural e facéndoo a pequena escala e tendo en conta o medio no que se asentan: Abonos Lourido, Ribeiregas, Bico de xeado... O futuro debería pasar por unha comuñón entre ambos os dous mundos, o urbano e o rural, que non son contrarios senón complementarios. O rural non pode ser visto como o lugar de veraneo das cidades, senón como un lugar coa mesma importancia que o urbano, ou incluso máis tendo en conta o seu labor como creadora de alimentos. Se aos gobernos lles interesase de verdade coidar do rural, as axudas económicas irían encamiñadas a facilitar o traballo das campesiñas e a súa autonomía e, sobre todo, a vixiar que todo isto se fixese dende o coidado da terra e o respecto polo medio ambiente. Din desde a Rede Revolta que é preciso pensar no dereito a unha vida digna para a xente que vive e quere vivir no rural. E para iso hai que abandonar a lóxica capitalista para centrarse nunha economía alternativa e solidaria, un campo con bos servizos e infraestruturas, con boas conexións, con acceso á sanidade e escolas públicas e as mesmas posibilidades que a xente nas cidades.
Tronceda segue ao seu ritmo, mantendo unha sorte de independencia, tamén do Concello de Castro Caldelas ao que pertence, pero contribuíndo, coa forma de vivir dos seus habitantes a mellorar o mundo. A xente de Tronceda loita dende o seu xeito de habitar o rural alternativo e anticapitalista pero sen perder o contacto co resto das aldeas, e crendo na comunicación e nas relacións entre habitantes como forma de convivir. Lugares como Tronceda non deberían ser vistos como o diferente, senón como o desexable. Á fin e ao cabo, coidar da nosa natureza, abandonar as grandes explotacións e consumir do que a terra propia dá, pode ser o único xeito de evitar a degradación ambiental na que nos atopamos. En palabras de José María: “no campo, no mundo rural, é onde nace e renace a vida nun ciclo constante de vida e morte. Non podemos entender unha cidade sen territorio, un animal humano sen territorio, a cidade será senón, un cárcere, un cortello”.

La resurrección de pueblos abandonados: así se repueblan algunas aldeas olvidadas .-
Tronceda es un refugio que parece haber vencido al tiempo. Situado en la provincia de Ourense, a 45 kilómetros de la capital, este pueblo conserva en algunas partes el aroma de los años 60, cuando fue abandonado. Sus calles, estrechas, sinuosas y repletas de maleza, están rodeadas de edificios bajos, de piedra y muchos de ellos en ruinas, vencidos por la humedad y ocultos entre rastrojos. Otros, los menos, se mantienen en pie, despertando la curiosidad sobre qué habrá allí dentro y si todavía conservarán alguna pertenencia de sus últimos huéspedes.

Pero esa es solo una cara de Tronceda. La otra mantiene el mismo estilo, pero modernizado, más cuidado y con vecinos que han comprado los viejos edificios para rehabilitarlos. De esa forma, han conseguido la ‘resurrección’ de la localidad, que hasta hace poco más de una década era uno de los 2.648 pueblos abandonados que hay en España, según el INE.
Hace 19 años llegamos los primeros repobladores, que éramos tres personas que frecuentábamos otro pueblo rehabilitado, Matavenero, en León. Después, la gente fue conociendo poco a poco el pueblo y fueron llegando más vecinos”, explica José María Cófreces, quien recuerda que en aquella época la localidad llevaba 25 años vacía

Ahora en Tronceda hay 24 vecinos (17 adultos y siete niños) y es una “pequeña Europa” porque hay gente de Francia, Holanda, Bélgica, Castilla y León, Galicia, Madrid y Baleares. Los vecinos practican la agricultura ecológica para consumo propio y, la mayoría de ellos, son artesanos o artistas. “Aquí la gente no tiene más recursos que su capacidad de inventar, por eso experimentamos mucho”, explica Cófreces, quien señala que tiene en mente un proyecto de “turismo responsable” y otro para hacer “cerveza ecológica”.

Aunque la aldea pertenece al Ayuntamiento de Castro Caldelas, una localidad cercana, el Consistorio “deja hacer” a los vecinos y permite que el pueblo “mantenga su dinámica”. “Esto es una suma de objetivos porque cada uno tiene su proyecto. El mío era lo que está pasando: que la gente hiciese un pueblo vivo con perspectivas”, explica Cófreces, que asegura que está muy influenciado por la Universidad Rural Pablo Freire que busca rescatar conocimientos de los “sabios” ancianos.

Fotografia de "A Castiñeira"

 Tambien aquí publicamos en su dia la ruta que por la zona hicieron los amigos de Caserio da Castiñeira.-

 Ruta Por El Valle Escondido De Tronceda…
Unos grandes conocedores de la Ribeira Sacra, que están realizando un increíble trabajo de señalización, apertura, limpieza y difusión de numerosos senderos y rutas por nuestra comarca, son MANOLO y CARMEN de “ A Castiñeira” una preciosa casa de “Turismo rural vegano, ecológico y terapéutico” www.acastineira.com
Recientemente hicieron esta ruta "El Valle Escondido De Tronceda" que incluye la Cubela, las Carballeiras, etc. y que es muy recomendable y cercana para nuestros vecinos y amigos de Torbeo.
Aquí tenéis un breve resumen pero es muy interesante verla completa en su blog en el que también podéis ver otras rutas de la Ribeira Sacra 
www.ruta-por-el-valle-escondido-de-tronceda.html