ALGÚNS DATOS SOBRE A IGREXA DE SANTA MARÍA DE TORBEO. Mari Carmen Alvarez. Paredes, Torbeo

No Arquivo Central Parroquial da Diocese de Lugo teñen en depósito, ao alcance de calquera que queira consultalos, os libros de bautismos, matrimonios e defuncións das diversas freguesías lucenses. Investigando sobre a nosa parroquia, no libro que comprende desde 1729 ata 1775, descubrimos algunha curiosidade acerca da  igrexa.
Así, podemos ler: 
                      En quince de octubre de dicho año de 1738 pasó de esta vida a la eterna D. Lucas de Saavedra y Figueroa habiendo recibido los Santos Sacramentos. Fue Abad y dueño de esta Abadía. Diósele sepultura el día 17 de dicho mes en la Capilla Mayor, en la sepultura de sus predecesores (…)
Calquera lector destas liñas que teña entrado na nosa igrexa, recordará que no muro sur, entre a porta lateral e a escaleira que sube ata á tribuna, hai unha inscrición sobre o devandito señor. A identidade deste personaxe xa está feita, queda a dúbida sobre o sentido da data que aparece detrás do seu nome.



Outra curiosidade a salientar, pola relación coa nosa igrexa, é o falecemento  o día 2 de decembro do ano 1730 de Don Andrés de Ovalle, escultor e veciño de Nogueira. A acta de defunción danos unha información interesante:
(…)Este difunto hizo los cuatro retablos de Nuestra Señora, San Roque, San José y el del Santo Cristo. Enterrose enfrente, no cerca, de la Capilla del Santo Cristo(..)
Pola data de elaboración, evidentemente anterior ao ano 1730,  os retablos esculpidos por Don Andrés de Ovalle pertencen á época barroca. O retablo é un moble para a devoción que alcanzou o maior grao de plenitude entre os séculos XVII e XVIII e os estudosos cren que non houbo en España templo que non tivese o seu esplendoroso retablo. A nosa igrexa non foi menos.

Entradas populares de este blog

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

FIESTAS DE AGOSTO - TORBEO 2024.-