“Abandono forestal inflamable”
El reciente incendio de Portugal,
la enorme tragedia humana que conlleva, el de Mazagón y ayer en el Cabo de Gata
y otros, nos ponen en alerta
e inevitablemente nos recuerdan la fragilidad de nuestras aldeas ante un
posible suceso de esta índole. En www.lavozdegalicia.es
del martes leemos un acertado e interesante análisis del catedrático LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO (*) que
reproducimos integro para aquellos que no podéis acceder al diario. En
repetidas ocasiones hemos insistido aquí en los riesgos que la despoblación y consecuente
abandono del agro esta poniendo de manifiesto en nuestra parroquia, entre ellos
la posibilidad de un incendio. En algunas aldeas (La Ventosa , por ejemplo) las
zarzas, las retamas, la hierba o los toxos, están al pie de algunas casas, buena parte de las
fincas próximas abandonadas y algunos de los
caminos de acceso a ellas inaccesibles. La Xunta legislo ya la obligatoriedad de mantener
limpias las fincas y define con claridad las responsabilidades de particulares
y administraciones. Hasta la fecha y en muchos casos esto se sigue ignorando.
Más nos vale que no tengamos que
lamentar este abandono y dejación.
“Abandono forestal inflamable”
Aquí a
forestalización é unha forma de abandono. Levamos décadas desertando do arado e
da corte e plantar árbores foi a última posibilidade de non deixar as terras a
poulo, alí onde xa non queda xente nas casas. As árbores dan algo de diñeiro e
evitan o bravo. Fagámonos a pregunta: por que toda Europa está cultivada menos
esta esquina verde alongada pola Lusitania abaixo? Onde van as nosas terras de
pantrigo e centeo, as hortas e cortiñas, as froiteiras das mariñas e das
ribeiras, as oliveiras extensas do interior? Só leite, algo de gando de carne,
e grazas! Para o outro seica non estabamos dotados. Salvouse o viño por
teimosía pluriativa e obrouse a milagre do éxito. A hiperespecialización
forzada matou ao agro e non o fixo máis remunerador, senón máis inflamable.
Para chegar a isto que temos houbo un proceso de cambio que forzou á
sociedade e á natureza transformada por ela. Implicou primeiro a derrota da
visión conservacionista que algúns enxeñeiros tiñan dos bosques e tamén das
lóxicas labregas de aproveitalos. A política autárquica comezada nos anos
corenta expropiou os montes dos veciños para facer repoboacións forzadas, na
procura da autosuficiencia en madeira e en papel. Tampouco o incendio de
Matalascañas pode entenderse historicamente sen a celulosa onubense. O Estado
autoritario pasou por riba de liberdades, propiedades, mercados, historia e
persoas, na súa tolemia produtivista. Botaron á xente para repoboar e facer
encoros e lograron un deserto demográfico. Outros desecaron o mar de Aral.
Situémonos. Nestas terras da antiga Gallaecia nos últimos dous milenios
acabouse paseniñamente co bosque a prol do agro e o gando. Os montes carecían
de arborado, pero tiñan moitas funcións agropecuarias. Hai 80 anos, non había o
oitenta por cento das superficies forestais de hoxe. Nos anos vinte, houbo
repoboacións públicas nas serras do sur, cando no norte o meu avó Rosendo
aprendía a cubicar para tirar partido dos piñeiros que el e os seus veciños
viñan de plantar, aló onde os Allegues xa eran madeiristas o mesmo que o Cambón
de Ponte-Maceira, aquí preto dos piñeiros que Castelao debuxaba nos seus
cadros. Daquela os enxeñeiros Nagusia, Feneche e Valenzuela xubiláranse xa
pelexando por repoboar montes como o Xiabre. O empeño íalles na profesión, pero
a frustración acumuláraselles por décadas até que por fin comprenderon as
lóxicas labregas e lograron empatar cos paisanos.
É difícil sintetizar en tres mil caracteres todo o que profesoras e
profesores como Bouhier, Balboa, Rico, Leiceaga, Corbelle, Loureiro, Freire,
Soto, Andión, Alberti, Guitián, O’Flanagan, Villares, Frá, Fierros, Sineiro,
Sotres, Iglesias, Gueimonde, Arias e tantos mais levan dito -e debatido- sobre
o asunto. Non hai solucións únicas nin fáciles, pero seguimos a tempo de
aprender e rectificar. Algúns deles mesmo tiveron responsabilidades políticas e
sufriron o populismo incendiario (1989, 2006) que choeu opcións e construíu
desastres como os que viñeron e están por vir. Máis árbores, menos xente, máis
abandono, máis incendios.
(*) Lourenzo Fernández
Prieto,
nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961[Cómpre
referencia], é un historiador galego. Traxectoria (gl.wikipedia.org)
É catedrático de
Historia Contemporánea da Universidade
de Santiago de Compostela desde
2005. Foi secretario doIDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu
Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro
e da Xunta de Goberno da USC,
así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor
de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é
director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e
membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en
diversos medios de comunicación do país
Especializado en
Historia Agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de
traballo referen á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural
contemporánea e a política da memoria.
Las siguientes imagenes de satelite, de 1973, muestran claramente las zonas de cultivo y arboles que habia entonces, las imagenes de hoy, que veis en cualquier movil, son bien distintas.