Biblioteca de Mesopotamia, un selo editorial promovido polo escritor e actor monfortino Antón Lopo ten previsto editar a primeira biografía de Filomena Arias, a Bruxa de Torbeo.
Asi nos lo dio
a conocer Francisco
Albo en un articulo de www.lavozdegalicia.es.-
"A pinacoteca
do Colexio da Compañía de Monforte será escenario o día 11 da presentación da
Biblioteca de Mesopotamia, un selo editorial promovido polo escritor e actor
monfortino Antón Lopo (1) e recoñecido como iniciativa de interese cultural
pola Real Academia Galega. Con este selo está previsto editar obras de
literatura e historia relacionadas coas terras do sur lucense e do norte
ourensán situadas en torno á confluencia do Miño e do Sil -escritas por
clásicos das letras galegas, por escritores hoxe pouco recordados e tamén por
autores novos-, que irán aparecendo a un ritmo de catro volumes por ano..."
"O proxecto comprende por outra parte a edición da
primeira biografía de Filomena Arias, coñecida como a Bruxa de Torbeo,
un destacado personaxe da medicina popular que pasou boa parte da súa vida en
Monforte. Esta obra recollerá textos moi pouco coñecidos de Antón Patiño
Regueira, libreiro, micólogo e animador cultural que nos seus últimos anos
organizou varios encontros sobre a figura de Filomena Arias."
En el muro de la playa fluvial de San Clodio la cara de lo que María, la artista de San Clodio que la pinto, imagino que fue Filomena Arias “a bruxa de Torbeo”.
(1) Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en
Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor
galego.
Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou
Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.