El próximo día diecisiete se proyecta en Castro Caldelas la película-documental “A última viaxe do afiador”, un proyecto en el que ha participado activamente “Florencio de Arboiro”.

Co programa: "Cinema de Verán", que se desenvolverá do 1 de agosto ao 11 de setembro e que chegará a 15 concellos da provincia. 



Na presentación do programa: “Manuel Baltar agradeceu a Florencio de Arboiro "o seu compromiso coa nosa terra, como creador e investigador", e a Aitor Rei "a súa sensibilidade para plasmar nun traballo cinematográfico a calidade humana e o sacrificio dos afiadores".

“Ademais da proxección do documental, "a actividade inclúe un coloquio co equipo da película e unha mostra de rodas de afiar do museo Florencio de Arboiro", explicou Aitor Rei, mentres que o propio Arboiro, quen colaborou na localización para a rodaxe e nos contactos cos afiadores, dixo que este proxecto "é unha homenaxe a todos eses homes que levaron polo mundo na súa roda o sentir da provincia de Ourense". 
Programa
No mes de agosto o filme proxectarase nos concellos de Maceda (1 de agosto), Paderne de Allariz (día 3), San Xoán de Río (5), Rairiz de Veiga (9), Nogueira de Ramuín (10), A Teixeira (11), Baños de Molgas (12), Montederramo (13), Chandrexa de Queixa (14), Manzaneda (16), Castro Caldelas (17), Xunqueira de Espadanedo (19), Parada do Sil (27) e A Peroxa (28), rematando o día 11 de setembro no municipio de Pereiro de Aguiar. 


Horario de proyección: 22.30 horas.

“Armando Alvárez adicou toda a sua vida o oficio de afiador . O 17 de Xuño de 2012, case oitenta anos despois do seu nacemento iniciará a que será a sua última viaxe. Este último andar non lle será alleo nin descoñecido xa que terá o mesmo itinerario que no ano 1954 cando partiu xunto con seu pai, cada un con unha roda de afiar, e con só 18 anos de idade da aldea de Sanxurxo (Ourense ) con destino a Palencia ,Burgos ,Madrid …A vida de Armando, camiñando e afiando, os seus setenta e seis anos de idade polos lugares polos que transitou hai máis de medio século será o fio conductor da nosa película documental .
Oito días de vivencias en directo dun oficio case extinguido e que foi símbolo e bandeira da emigración galega polo mundo durante os últimos tres séculos…”


Museo da Roda de Afiar
Na presentación, Manuel Baltar tamén se referiu ao que será o futuro Museo da Roda de Afiar, un proxecto incluído no Plan Ourense 15-19 da Deputación de Ourense e no que o presidente do goberno provincial está a traballar co propio Florencio de Arboiro. O museo terá a súa ubicación na cidade de Ourense, coa finalidade de ofrecer a máxima accesibilidade para estudantes e público en xeral. "O obxectivo é facer un museo interactivo relacionado cos afiadores e todo o que leva consigo esta figura dende o punto de vista etnográfico, cultural e social para a provincia de Ourense", explicou Manuel Baltar, engadindo que se está a traballar tamén "nunha unidade didáctica para amosar a historia dos afiadores e a súa xerga propia: O Barallete".

Entradas populares de este blog

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

FIESTAS DE AGOSTO - TORBEO 2024.-