Tempo de uvas … e de castañas, de Maricarmen Alvarez
A vendima e o castañal son traballos propios do outono, traballos dos que o labrego obtén uns produtos moi ben valorados, sexa para consumo propio ou para o comercio. Pero tamén son produtos que deron xogo noutro ámbito do que xa temos falado: a literatura de tradición oral, recollida na nosa aldea. Aquí van unhas mostras.
“Unha vella, de bagos, fixo cen canados”
Debajo de tu ventana
![]() |
SINRUMBOFILMS |
hay una cepa con uvas,
con permiso de tus padres
voy a ver si están maduras.
Do outro lado do río
ten o meu pai unha viña,
nin a cava, nin a arrenda,
nin tampouco a vendima.
De tu ventana a la mía
he de plantar una parra
para que cuando vaya a misa
no me dé el sol en la cara.
“En agosto arder e en setembro beber.”
Namoreime da castaña,
namoreime do orizo,
namoreime de ti, nena,
porque tes o pelo rizo.
![]() |
Carlos G. Herbella |
e ó castiñeiro o orizo,
e os rapaciños de agora
todos morren de arreguizo.
Non che as quero, non che as quero,
castañas do teu magosto,
non che as quero, non che as quero,
que che cheiran ó chamosco.
Cala, trapo de lavar os potes,
tanto se me da por ti
como ó gato polos bullotes.
Mentres lle cantamos
destas vellanadas,
váianos baixando
cribas de castañas,
mentres lle cantamos
destes villancicos
vállanos baixando
cribas de chourizos.