Diario de agosto, 11 e 12

As seis da tarde do mércores hay 28º á sombra, pero cun suave vento que fai o dia moi agradable. A Fiscalia Ambiental investiga a obra que Iberdrola leva a cabo no Sil, actua a partir da denuncia presentada polos Axentes Forestais que aprecian irregularidades na construccion da nova central e ao baleirar o Sil até seis metros nunha zona incluída na Rede Natura e sen permiso de Medio Rural. Enerxia e beneficios á conta de todo?...
Na prensa de onte o cura de Cambás di; “É unha desgraza, pero hai que dicilo asi: o que lle dá vida ás aldeas agora son os cemiterios. Son o maior atractivo. E vén todo o mundo aos enterros, aos funerais, polo dia dos defuntos. Entón a igrexa queda pequena”. Os camposantos son hoxe o valor máis vivo do rural que agoniza. Que razon ten e para a nosa desgraza en Torbeo ocorre algo moi parecido.
A Ribeira Sacra ten moitos atractivos e a crise que afecta as zonas de costa parece que non chegou aquí; os paradores, casas rurais e outros aloxamentos atópanse case cheos, e cada ano son tamen mais os estranxeiros que nos visitan. Atopámolos a cada paso, ¡Benvidos!.
Mañá dia 13 empezan as festas de San Clodiona ca obra “Protección solar” do grupo Faro-Miño de Chantada na praia fluvial, o mismo xoves a banda de folk de Ribas do Sil presenta o seu segundo disco nun concerto a medianoite, festa coa orquestra “Canela” o venres dia 14, a orquestra “Nacional 120” e o grupo “Géminis” o sabado quince, a orquestra “Tango” e ás dez da mañá a subida ciclista a Torbeo o domingo dia 16. Futbol e outras actividades mais nos catro dias de festas.
As oito e media da tarde na cantina do Carballiño xa contamos mais de doce amigos en animada “conversa”.

Entradas populares de este blog

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

FIESTAS DE AGOSTO - TORBEO 2024.-