“A CULTURA DO PAN” E OUTROS ARTICULOS NO BLOG DE QUINTELA (Olegario Sotelo Blanco)
A cultura do pan
O pan de centeo foi durante moitos anos a base da alimentación do pobo e dos animais. A economía de subsistencia nas aldeas rurais galegas, sobre todo das provincias de Lugo e Ourense, dependía dun xeito fundamental deste alimento. A través das distintas secuencias faremos un percorrido polos diferentes traballos que tiñan que realizar os campesiños: dende a colleita do centeo nas leiras ata as fornadas que se facían nun forno quentado con leña na aldea.
(Texto de Olegario Sotelo)
Na proxima estancia en Torbeo, que xa estamos atrasando de mais polo accidente de Pilar; a rotura do seu pé na Ventosa o sabado de semana santa, intentaremos coincidir con Olegario para comentarlle o xa frecuente uso neste espazo dos articulos e fotografias que publica no seu blog e que por ser tan próximos e compartidos merecen a nosa atención. Neste caso reproducimos integramente o texto e fotografias que co titulo "A CULTURA DO PAN" publicou o pasado 16 de Abril. Tamen nestoutro articulo "O MEU PRIMEIRO TREN" que se pode ler no mismo blog; http://soteloblanco.blogspot.com/ recorda o seu primeiro viaxe de Quintela a San Clodio no cabalo a vender un saco de patacas, o seu paso por Torbeo e a súa conversa con Odulia e Pepe na cantina das Moreiras. Unha vez mais aconsello a visita a este blog e a lectura dos seus escritos nos que Olegario mostra o profundo coñecemento da nosa terra e o enorme agarimo cara a ela e as nosas xentes.