O Concello de Ribas de Sil e a Asociación de Veciños de Torbeo (AVETO) organizan a primeira convocatoria do “Tempo de Bruxas”, que terá lugar o sábado 18 de outubro de 2025 en Torbeo, núcleo pertencente a Ribas de Sil, situado dentro do Xeoparque Montañas do Courel e da Ribeira Sacra. A festa estará dedicada a Filomena Arias, coñecida como a Bruxa de Torbeo, unha figura popular que, na primeira metade do século XX, axudou a moitas persoas con problemas de saúde ou na procura de obxectos e mesmo de persoas desaparecidas. Considerada unha meiga branca, existen numerosas testemuñas da súa actividade, e mesmo aparece en obras destacadas da literatura galega, como Pauto do Demo, de Ánxel Fole. O vindeiro 8 de outubro farase público o programa completo, que incluirá un percorrido polos lugares máis significativos da vida de Filomena, conferencias, a entrega de premios dun concurso literario e outras actividades de carácter máis festivo. Tamén se ofrecerá a posibilidade de xantar en Torbeo. X...