viernes, 29 de noviembre de 2013

“A lengua e literatura galega” no castelo de Castro Caldelas.-

Aberto na torre da homenaxe do castelo un espacio museístico coa relación destas terras coa lingua e literatura galega coma eixo.
Este museo ocupa tres niveis adicados a tres épocas históricas distintas:
  • O primeiro adicado á época medieval ten ao Foro do Bono Burgo coma estrela, coma primeiro texto escrito en galego e un dos documentos históricos máis importantes da época. Pero Viviaez foi un cabaleiro vilán que compuxo cantigas 
  • As escaleiras levanos dun xeito simbólico ao Século XX, onde recollemos varias figuras: Vicente Risco, un dos autores máis recoñecidos e que como caldelao adicou parte da súa obra a estas terras; Cándido Fernández Mazas, un "individuo de aptitudes múltiples", caricaturista, pintor, articulista, novelista, poeta,... unha figura truncada pola Guerra Civil; Manuel Casado Nieto e oseu fillo Xoan Manuel Casado: o primeiro foi un destacado traductor e escritor, que ademais destacou coma presidente do Centro Galego de Barcelona durante dezaseis  anos; o fillo foi un destacado poeta; as figuras de Claudio Movilla e Orencio Pérez foron esenciais na normalización do galego no campo xurídico, a seren os primeiro xuíces en publicar unha sentencia en galego e en levar un xulgado en galego; por último, falamos de Olegario Sotelo Blanco, escritor, antropólogo e editor.
  • Na azotea fálase da acutal situación do galego e do seu futuro.
  • Información da sua paxina web www.castrocaldelas.es



    Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

    Por fecha de publicación

    para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com