jueves, 21 de febrero de 2013

Á implantación, o mantemento e mellora de soutos de castiñeiros vai ter axudas da Conselleria de Medio Rural e Mar de 3 millóns de euros.-

Aconselleira do Medio Rural e do Mar clausurou esta mañá a presentación dos resultados do proxecto ”Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia”.

...O estudo prioriza as variedades de castaña que maior beneficio reportan aos axentes implicados (así como os seus polinizadores), xa que debido ás moitas variedades existentes nun mesmo souto -entre tres e cinco-, os lotes comerciais da castaña galega non son homoxéneos, pois varían moito no tocante a forma, calibre, pelado, dureza. Ademais de seleccionar as mellores variedades, o estudo recolle a adaptabilidade das mesmas en diferentes zonas da Indicación Xeográfica Protexida da Castaña de Galicia para comprobar se os diferentes factores -tales como as xeadas de primavera, as temperaturas ou a seca estival- poden ser limitantes á hora do seu cultivo. 
Galicia é unha potencia na elaboración e comercialización de castañas, cun volume de negocio de preto de 30 millóns de euros anuais... (Noticia completa en http://www.xunta.es/notas-de-prensa )
NOS SOUTOS DE TORBEO EN XANEIRO.-








Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com