Diario de Agosto, 9 e 10

Xa escampa, estrañábanse a calor e os dias de sol, que moito se fixeron esperar, xa estan aquí ¡a gozalos!.
O sabado á noite paseamos por Quiroga e como sempre nas súas festas habia orquestra fronte “As Palmeiras” e abaixo outra fronte ao “Lago”, as dúas altérnanse nunha longa velada até as catro da mañá, por ali vimos a varios amigos de Torbeo, nós ás doce e media xa na cantina das Moreiras onde habia mais tranquilidade.
Salvo sorpresa de ultima hora este ano non habera festa en Torbeo, o quince e o dezaseis teremos misa e procesión, seran o punto de encontro anual para moitos veciños. En San Clodio festas organizadas, como sempre, polo Concello e pagadas polo Concello… sepárannos catorce kms, os afeccionados ao baile no asfalto téñeno cerca. Nós somos mais de pista de herba, de prado.
As enormes judias que cultivou Jorge dan cantidade de bos fréxeles que comemos e repartimos, tamen hai xa bos figos, boas patacas de aquí, “pataca galega”, os que estamos fóra habitualmente apreciamos aínda mais a extraordinaria calidade dos produtos desta terra.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-