OS TRABALLOS NA ALDEA (Fotografias de Antonio Vidal)

Estas e outras imaxes parecidas achegannos recordos daqueles anos da infancia e mocedade vividos na aldea; ¡Como soaban os carros cargados de leña, de esterco ou de monte! e como algún dos meus tios ou calquera veciño sabian de quen era o carro e con que faena andaban aínda que non lle visemos porque estaba por camiños de Moreiras ou de Torbeo. Outras veces se o carro era da Ventosa os nenos ibamos diante, subidos ou detras e se axudaba no caso de que xa se tivese algo de idade. E podemos recuperar o cheiro á herba cando se segaba ou se lle daba volta para que secara antes de gardala. E como a matanza era ademais de traballo unha festa na que participaban casi todos os veciños e como os maiores na solaina falaban do pouco ou moito gado que viran na ultíma feira do Castro ou de Quiroga, e……moitos outros recordos de moita xente tan querida e nunca olvidada.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-