OS MUÍÑOS SON BENS CULTURAIS...de Olegario Sotelo Blanco .-
OS MUÍÑOS SON BENS CULTURAIS. No curso do río Caldelas, a só dous quilómetros de Castro Caldelas, atópase un muíño que, pola súa historia, polo seu valor arquitectónico e dende o punto de vista antropolóxico, é unha verdadeira xoia patrimonial da comarca. Tamén polo valor histórico que representou, durante centurias, como servizo para os veciños das parroquias de Alais, Paradela, As Carballeiras, Tronceda, Mazaira, Vilardá, Folgoso, Vimieiro, Vilamaior, O Burgo e Torbeo. Todas estas aldeas, ata mediados do século XX, eran das máis poboadas da comarca. Hai que ter en conta que o pan era básico para a alimentación da xente daquel tempo, polo que os muíños eran recursos imprescindibles. Di Ramón Lorenzo: “A utilización dos máis variados instrumentos que, por percusión ou rozamento, permitían moer os grans dos distintos cereais, remóntase ás sociedades agrícolas do Neolítico, aínda que é durante a romanización cando aparecen por primeira vez os muíños”. Substituíase así a forza humana...