A meiga de Torbeo en “Celeirós, unha aldea do concello de A Teixeira” de Eduardo Prieto Casares.-

"Por entón, falárame o señor Victorino (o escribidor da parroquia, con sona de saber artellar un documento en pregos de papel de barba, espallado en fina caligrafía, de pluma e tinteiro) da meiga de Torbeo: “Disque lle entraran catro demoños,‘cadelos’, no corpo, ladrando como tola, cando estaba ‘co mal’; en Celeirós, nos fiadeiros, tamén recitaban un romance: ‘/Contan a carón da lareira / o caso da Remixia meiga/ acochaba unha nena co pano da faldriqueira / sendo o envurullo dunha aña lueira...’ Esta muller, co demo no corpo, seica lle botara o mal de ollo a unha moza casadeira, e que aparecera o día da voda coas cara inzada de grans e, como resultas do meigallo, o pai da rapaza mallara na meiga, arreándolle cunha vara de vimbio de sete nós. As bruxas tamén se metamorfoseaban en moscas raxadas, mais desto último non hai testemuños escritos que acrediten tales feitos”, díxome o señor Victorino, deixando que morrera o conto.”


Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-