miércoles, 15 de enero de 2014

O vindeiro 19 de xaneiro celebrarase, en Castro Caldelas, outra edición da "festa dos fachós" a partir das 19:00h .-

A festa dos “fachós” é sen dúbida unha das de máis interese que se celebran na actualidade en Galicia.
A festa comeza no lusco e fusco do día 19, cando as xentes, provistas de “fachós” (feixes de palla a xeito de antorcha) vanse concentrando no adro da igrexa. Tamén se fai un fachón grande que mide un 30 metros e é portado por uns trinta moz@s.


Cando se fai totalmente de noite prendese o fachón grande, e a partir deste os máis de 400 fachós pequenos. Entre berros de alegría e vivas ao S Sebastian a procesión recorre o casco vello coroado polo castelo mentres repenican as campás. Vólvese ao lugar de orixe, onde se tiran os restos dos fachós nunha enorme fogueira. Logo o concello convida aos asistentes produtos da zona: chourizos, viño, licor café, queimada e, coma non, bica. A festa continúa ao son dos gaiteiros ata altas horas da noite.


A orixe desta festa non é clara. Hai explicacións e lendas para tódolos gustos. Así, dise que o desfile reproduce o que os cristiáns realizaron, tamén de noite e con fachós, na procura do mártir S Sebastian. Outra teoría relacionada con este santo, teoría documentada nos libros da parroquia, di que ante un episodio de peste os veciños reuníronse en concello para buscar unha solución e foi cando ao invocarse ao S Sebastian se lles ocorreu a idea de recorrer a vila e queimar as pertenzas dos apestados, acabando así co andazo polo que se ofreceron a declarar ao Santo partono da vila e reproducindo a festa dende aquelas datas. Vicente Risco, coñecedor de lendas e destas terras, onde a súa familia tiña una casa, vincula a orixe a ritos celtas de culto ao sol, astro que no inverno perdía forza e estas fogueiras servían para que a recuperara. O feito é que a pesar do incerto da súa orixe a festa está documentada dende o ano 1753.


Ata hai uns anos os veciños acudían con cadanseu fachón. Na actualidade, ante a falta de palla mallada vímonos na obriga de realizar nos a semente, sega e malla ao xeito tradicional para que así servira para facer os fachós.
 www.castrocaldelas.es

Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com