"OS ESCAPADOS" EN TORBEO: MARIO, O RITO, O MANDUA, GREGORIO COLMENERO Y ANDRES

Todos los torbeanos hemos oido hablar (otros lo vivieron) de "los escapados" que en los años que siguieron a la Guerra Civil se ocultaron por los montes cercanos y "actuaron" en la zona hasta los años cincuenta. Algunos de nuestro pueblo y de fuera, el mas famoso "MARIO". Hay bastante literatura sobre la epoca, a continuacion un resumen de la que hemos visto, que publicamos aqui con el unico proposito de acercaros la informacíon sobre aquellos años y los sucesos relacionados con aquellos escapados.
Mario Rodríguez Losada O Pinche botouse ao monte no mes de xullo de 1936, con vintedous anos, e abandonou España, para exiliarse en Francia, o 29 de agosto de 1968, cando ía cumplir os cincuenta e seis. Regresou á súa terra no mes de maio de 1979, é decir, cando xa tiña máis de sesenta e seia anos de idade. O Pai de Mario, Juan Rodríguez Rodríguez, nacido en 1887 en San Pedro, no concello ourensán de Manzaneda, foi asesinado polos franquistas en Langullo, na mesma provincia, o 10 de abril de 1937. En 1910, despois de facer o seu servicio militar, Juan Rodríguez marchou para o Brasil, onde casou cunha paisana, Arsenia Losada, natural de Sobrado, en Lugo. A parella regresou a Galicia e pouco despois, o 29 de setembro de 1913, nacía en San Pedro o seu primeiro fillo, Mario, e quince meses máis tarde unha filla, Anuncia. Mario aínda non cumprira os dous anos cando os seus pais marcharon de novo ao Brasil, deixándoo en San Pedro cos avós paternos, Teodoro e Catalina Rodríguez. Mariano frecuentou a escola en Cesuras, que era parroquia, dos sete aos trece anos aproximadamente, momento en que foi vivir cos seus pais a Langullo, pois regresaran de América había uns anos e construíran unha casa e un muíño. Cando cumpriu os quince anos, ……………….., Mario marchou a Bilbao, onde tiña un curmán. Traballou nunca fábrica de cemento e na estación do Norte como peón de albanel. Participou nalgúns conflitos laborais que lle deron certa experiencia carceraria. Despois de cumplir o servicio militar regresou a Langullo, onde, en 1935, tamén destacou en diversos actors reivindicativos dos traballadores da provincia. Mario Rodríguez Losada, O Pinche, O Langullo faleceu repentinamente na localidade valdeorrresa de Seadur, no concello de Larouco, aldea próxima á Rúa, o 7 de xullo de 1986, contra as cinco da tarde. Tiña setenta e tres anos cumpridos.
“ MARIO DE LANGULLO” (Mario Rodríguez Losada).Natural de Langullo, un pobo cercano a Manzaneda creou a súa partida na Primaveira de 1941 1941 despois de que a Falange matara ó seu pai e á súa irmá. Tiñan a base na Serra de Queixa, cunha zona de actuación encadrada entre Viana - O Bolo - A Gudiña - Verín e Castro Caldelas, especialmente no pobo de Abeleda, onde se di que cometeu numerosos roubos. Foi unha das partidas máis activas que houbo en Ourense, destacando polos golpes económicos que deu. Comentan as xentes do lugar que esta partida foi a que cometeu o asasinato do cura de Cesures en Manzaneda, que fora acusado de delatar á Falange a moitos dos “paseados”; pero fontes históricas reflexan que quen o fixo foi un guerrilleiro lucense chamado Bernardino García, quen morrería no Nadal de 1946 na batalla de Cambedo (Portugal).Mario e varios dos seus homes sobreviviron á vida guerrillera e entraron en Francia no Nadal de 1967, despóis de pasar a fronteira con éxito. Alí viviu durante unhas décadas, para voltar máis tarde a Galicia, onde din que asistiu ás feiras de Castro Caldelas saudando ás xentes que o axudaran a vivir no monte". No ano 2001, Antonio Téllez Solá publica o libro “A guerilla antifranquista de Mario de Langullo, O Pinche; limiar e anotacións de Dionísio Pereira” . De este libro un relato del propio Mario :
“ En Torbeo (17), unha aldea de Lugo na raia con Ourense, case todos os veciños eran de esquerdas. Os franquistas fixeron alí unha auténtica desfeita e uns trinta andaban fuxidos polos vales de Tronceda, que pertence xa a Ourense. Os vales de Tronceda era difíciles de andar: por onde se entraba saíase. Estaban rodeados de penas infranqueábeis que impedían calquera saída lateral e, agora, antes non, nin augas abaixo se pode saír porque en 1955 remataron o encoro de San Estevo en Luintra, Concello de Nogueira de Ramuín, a uns vinte quilómetros ao suroeste de Monforte de Lemos. Alí, o río Sil divide as provincias de Lugo e Ourense. Os que andaban por esas terras quedaban durante o inverno na banda de Lugo, porque estaba exposta ao sol todo o día, mentres que na banda de Ourense o sol case non se ve. Durante o verán acontecía ao revés, ían a un lugar onde todos os veciños tiñan barcas e pasaban coas súas cousas, roupa e utensilios á parte de Ourense. Foi alí onde coñecín a Andrés, que era de Monforte e ao que chamaban O Churrero porque vendera churros nas feiras; a un outro Andrés, de Torbeo; a Gregorio Colmenero Fernández, O Porreto, ao Rito e mais ao Mandúa. Ao Rito os franquistas mataránlle o pai; a súa nai e as súas hirmans vivían en Madrid e tiña una sobriña casada en Torbeo cun garda civil co que, por certo, tropecei unha vez. Mais tarde O Rito marchou a Madrid, presentouse e, entre uns e outros, arrombáronlle as cousas. Estivo preso uns dous ou tres anos. Botei alí uns días, ate que Gregorio Colmenero foi falar cun enlace que tiñan na aldea máis próxima. Deulle unha lista coas personas máis ricas que, a máis de teren cartos, eran falanxistas. Despois fun visitar os meus antigos compañeiros........ Manuel Prada andaba bastante amolado, tiña crises de reuma que ás veces case o deixaban impedido para andar. Primeiro instalouse na casa da súa moza, pero dispois mudáronse a outra situada a uns trescentos metros. Coa parella foron vivir o seu irmán Victoriano (O Churchill) e mais O Porco. Gervasio Cereijo xa marchara. ......Un día Manuel García O Porco, Andrés O Churrero, Manuel e Victoriano O Churchill, Andrés de Torbeo, Gregorio Colmenero O Porreto e mais eu fomos á aldea máis próxima das que nos indicaran. Era pola tarde e cinco ou seis veciños estaban arrancando patacas.......... A Manolo deixeino vivir algún tempo; agardei até o verán. Namentres, fixemos unha expedición a Torbeo, á aldea do Rito, pero el, por suposto, non foi connosco. O grupo compuñámolo Manuel García O Porco, Victoriano Carrera O Ferreiro, os irmáns Victoriano O Churchill e Manuel Prada Arroyo, Andrés o de Torbeo e mais eu. Mentres Manuel García e mais eu entramos nunha casa para roubar os cartos, chegou un veciño voceando: -- ¡Pinche! ¡Velai está a garda civil! Saímos fora da casa e preguntamos: -- ¿Onde están os outros? -- Fuxiron. Marcharon para alá arriba. -- ¿E os gardas? -- Alí, naquela casa. Hai outros máis lonxe. .......O Porco e mais eu dirixímonos cara á casa onde nos dixeran que estaban os gardas. Cando entraba eu pola porta batín cun garda que saía. Púxenlle a pistola no peito e, cos brazos en alto, retrocedeu con tanta présa que chocou coa filla da casa. Resoltou que era un garda que estivera no posto de Torbeo e casara cunha sobriña do Rito. Alí non había máis gardas. Con el regresamos á primeira vivenda e diante del entregáronnos os cartos. despois chegaron os catro que fuxiran ante a falsa alarma......."
(17) .- Torbeo, parroquia de San Clodio de Ribas de Sil, contaba cunha forte implantación agraria socialista, antes da guerra civil. De feito, os sucesos de Outubro de 1934 tiveron naquelas terras unha gravidade desacostumada, coa queima da capela de Cubela e da fermosa igrexa de Santa María. A resultas dos incidentes, foi legalizada a sociedade de agricultores "La Unión", afecta á "Federación Nacional de Trabajadores de la Tierra" (UGT). No concello de San Clodio, ademáis das igrexas de Torbeo, foran incendiadas no tempo da Frente Popular os templos de Nogueira, Rairos, Sotordei, San Pedro de Ribas de Sil e o da capital municipal (N. do E.).
En la pagina de la Abeleda podeis leer entre otras cosas el siguiente articulo sobre el tema: http://www.abeleda.es/
TAMEN NA ABELEDA : Este pueblo también se vio afectado por la partida de la guerrilla antifranquista que actuaba en la zona de Caldelas. Esta guerrilla creada en la primavera de 1941, y que actuó hasta bien entrados los años sesenta, tenía su radio de acción desde Viana do Bolo, pasando por la Gudiña, Verín y la zona de Castro Caldelas. Al frente de esta cuadrilla estaba el tan conocido por las gentes de este pueblo Mario Rodríguez Losada, conocido mundialmente por "MARIO DE LANGULLO" o simplemente por "MARIO". Se escondian en los montes que rodean las aldeas de Susaos, Vilarellos, As Carballeiras, saliendo al atardecer y a la noche para recaudar sus botines. Eran conocidos por "Los atracadores" o los "ladrones". En este pueblo fueron numerosas las familias que el Mario saqueó, e incluso maltrató, cuando alguna de ellas no le quería dar el botín que este pedía. Solía "visitar" a aquellas que ya en esos años descataban por tener más dinero que resto, debido a los negocios que regentaban. La panadería que existía en aquellos años en Abeleda fue saqueada en varias ocasiones, y aún hoy se pueden apreciar marcas en sus paredes de aquellas brutalidades. También la tienda de aldea que existía aquí fue víctima de la guerrilla.Pero no solo era temidos, en todos los pueblos tenían siempre el aliado de turno, quien le comunicaba todos los movimientos que las gentes del lugar hacían, quién le suministraba la comida para poder subsistir en la dura vida de los montes. Claro está que esos caciques de época eran los protegidos por los guerrilleros. A finales de los años sesenta y con la caída de algunos de ellos fusilado por la Guardia Civil, esta partida de guerrilleros se desmanteló, Mario y alguno de los suyos emprendieron el camino hacia Francia, país al cual lograron entrar.Aún hoy en día son numerosas las historias que cuentan las gentes de este pueblo, algunas de ellas son verdaderamente brutales.

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

Programa de fiestas agosto 2023 Torbeo