jueves, 19 de diciembre de 2013

"O de Torbeo foi sen dúbida un mosteiro importante e tamén un notable centro de pensamento...en Torbeo había nesa época unha elite letrada, vinculada ao antigo mosteiro, cun coñecemento moi notable da teoloxía e da simboloxía cristiá" dice Carolina Casal a propósito de su estudio sobre la pila bautismal de nuestra iglesia.

«Esta obra débese a unha elite letrada e cunha boa base teolóxica»  A  autora do estudo, Carolina Casal, é licenciada e doutoranda en historia da arte. Entre os seus principais intereses como investigadora está o aniconismo, é dicir, o estudo das manifestacións artísticas que non utilizan representacións recoñecibles de figuras humanas ou animais para transmitir mensaxes, preferindo recorrer a motivos de tipo xeométrico. 
-¿Como chegou a descubrir o valor desta peza? 
-Examinándoa ben por todas partes, para o que é preciso agacharse e observar tamén con moito coidado a parte de abaixo. Só así pode apreciarse ben o conxunto e comprender todo o seu contido. Os relevos da pía divídense en tres zonas ou rexistros diferentes, cada un dos cales está relacionado cos outros e reforza o seu significado. Para interpretar a inscrición foi de moita axuda unha observación de César de Carnero, o delegado de patrimonio histórico da diócese, que me comentou que unha suposta letra zeta podía ser en realidade un erre invertido. Iso levoume a entender mellor o seu significado. As pouquísimas referencias que hai sobre esta peza, como o catálogo da exposición Gallaecia Petrea, din que estas inscricións carecen de sentido, que son un simple motivo decorativo sen un significado concreto. Pero non é así. Se estudamos detidamente a decoración da peza, vemos que transmite unhas mensaxes claras e coherentes coas concepcións teolóxicas desa época. 
-¿O feito de trasladar a peza a esa exposición axudou a apreciar o seu valor? 
-Si, porque se non a levasen a esa exposición eu non tería feito este estudo nin chegaría a entender ben a súa singularidade. Hai que agradecerllo á parroquia de Torbeo e ao párroco Manuel Areán, e tamén á diócese de Lugo, porque todos colaboraron para que pía puidese ser levada á exposición. 
-¿Quen puido encargar unha obra como esta? 
-Eu creo que en Torbeo había nesa época unha elite letrada, vinculada ao antigo mosteiro, cun coñecemento moi notable da teoloxía e da simboloxía cristiá. Aínda que a feitura da inscrición e dos relevos é un tanto rústica, está claro que esta obra foi feita por encargo de alguén que tiña unha boa base teolóxica. Penso que podemos considerar ese núcleo como algo único, porque outras obras similares desa época que se conservan noutras partes de Galicia non mostran un nivel de coñecemento tan alto. O de Torbeo foi sen dúbida un mosteiro importante e tamén un notable centro de pensamento.  
www.lavozdegalicia.es
Un exemplar de grande tamaño que debeu de servir para bautizar adultos por inmersión.-
Carolina Casal
Ademais da carga simbólica da sua decoración, a pía de Torbeo destaca polo seu tamaño. Labrada nunha soa peza de granito, 
ten uns 120 centímetros e pesa sobre oitocentos quilos. As súas dimensións -explica Casal- indican que serviu para o bautismo de adultos por inmersión. 
A historiadora recorda que esta prática foi moi común na Europa medieval, sobre todo nas rexións onde estaban moi arraigadas as crenzas pagás ou heréticas. As pías empregadas para este tipo de bautismo adoitaban estar situadas en edificios especiais separados das igrexas, coñecidos como baptisterios. No século IX, o papa León IV ordenou trasladar as pías para o interior das igrexas. No obstante, o bautismo por inmersión seguiu praticándose en moitos lugares, o que parece que sucedeu en Torbeo. A pía, segundo as estimacións de Casal, dataría de finais do século XII e sería algo máis antiga que a propia igrexa que a alberga. «Posiblemente usouse para os tres tipos de bautismo: por inmersión, por infusión -botando aos nenos a auga na cabeza- e por aspersión, ou sexa, salpicando a auga cos dedos», agrega. 
As orixes da pía e da igrexa, segundo Casal, están vinculadas a un mosteiro que existiu en Torbeo desde a época medieval, do que quedaron diversos rastros na toponimia.  
www.lavozdegalicia.es

Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com