jueves, 29 de junio de 2017

“Abandono forestal inflamable”

El reciente incendio de Portugal, la enorme tragedia humana que conlleva, el de Mazagón y ayer en el Cabo de Gata y  otros, nos ponen en alerta e inevitablemente nos recuerdan la fragilidad de nuestras aldeas ante un posible suceso de esta índole. En www.lavozdegalicia.es del martes leemos un acertado e interesante análisis del catedrático LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO (*) que reproducimos integro para aquellos que no podéis acceder al diario. En repetidas ocasiones hemos insistido aquí en los  riesgos que la despoblación y consecuente abandono del agro esta poniendo de manifiesto en nuestra parroquia, entre ellos la posibilidad de un incendio. En algunas aldeas (La Ventosa, por ejemplo) las zarzas, las retamas, la hierba o los toxos, están al pie de algunas casas, buena parte de las fincas próximas  abandonadas y algunos de los caminos de acceso a ellas inaccesibles. La Xunta legislo ya la obligatoriedad de mantener limpias las fincas y define con claridad las responsabilidades de particulares y administraciones. Hasta la fecha y en muchos casos esto se sigue ignorando.
Más nos vale que no tengamos que lamentar este  abandono y dejación.

“Abandono forestal inflamable”

Aquí a forestalización é unha forma de abandono. Levamos décadas desertando do arado e da corte e plantar árbores foi a última posibilidade de non deixar as terras a poulo, alí onde xa non queda xente nas casas. As árbores dan algo de diñeiro e evitan o bravo. Fagámonos a pregunta: por que toda Europa está cultivada menos esta esquina verde alongada pola Lusitania abaixo? Onde van as nosas terras de pantrigo e centeo, as hortas e cortiñas, as froiteiras das mariñas e das ribeiras, as oliveiras extensas do interior? Só leite, algo de gando de carne, e grazas! Para o outro seica non estabamos dotados. Salvouse o viño por teimosía pluriativa e obrouse a milagre do éxito. A hiperespecialización forzada matou ao agro e non o fixo máis remunerador, senón máis inflamable.
Para chegar a isto que temos houbo un proceso de cambio que forzou á sociedade e á natureza transformada por ela. Implicou primeiro a derrota da visión conservacionista que algúns enxeñeiros tiñan dos bosques e tamén das lóxicas labregas de aproveitalos. A política autárquica comezada nos anos corenta expropiou os montes dos veciños para facer repoboacións forzadas, na procura da autosuficiencia en madeira e en papel. Tampouco o incendio de Matalascañas pode entenderse historicamente sen a celulosa onubense. O Estado autoritario pasou por riba de liberdades, propiedades, mercados, historia e persoas, na súa tolemia produtivista. Botaron á xente para repoboar e facer encoros e lograron un deserto demográfico. Outros desecaron o mar de Aral.
Situémonos. Nestas terras da antiga Gallaecia nos últimos dous milenios acabouse paseniñamente co bosque a prol do agro e o gando. Os montes carecían de arborado, pero tiñan moitas funcións agropecuarias. Hai 80 anos, non había o oitenta por cento das superficies forestais de hoxe. Nos anos vinte, houbo repoboacións públicas nas serras do sur, cando no norte o meu avó Rosendo aprendía a cubicar para tirar partido dos piñeiros que el e os seus veciños viñan de plantar, aló onde os Allegues xa eran madeiristas o mesmo que o Cambón de Ponte-Maceira, aquí preto dos piñeiros que Castelao debuxaba nos seus cadros. Daquela os enxeñeiros Nagusia, Feneche e Valenzuela xubiláranse xa pelexando por repoboar montes como o Xiabre. O empeño íalles na profesión, pero a frustración acumuláraselles por décadas até que por fin comprenderon as lóxicas labregas e lograron empatar cos paisanos.
É difícil sintetizar en tres mil caracteres todo o que profesoras e profesores como Bouhier, Balboa, Rico, Leiceaga, Corbelle, Loureiro, Freire, Soto, Andión, Alberti, Guitián, O’Flanagan, Villares, Frá, Fierros, Sineiro, Sotres, Iglesias, Gueimonde, Arias e tantos mais levan dito -e debatido- sobre o asunto. Non hai solucións únicas nin fáciles, pero seguimos a tempo de aprender e rectificar. Algúns deles mesmo tiveron responsabilidades políticas e sufriron o populismo incendiario (1989, 2006) que choeu opcións e construíu desastres como os que viñeron e están por vir. Máis árbores, menos xente, máis abandono, máis incendios.

(*) Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961[Cómpre referencia], é un historiador galego.                               Traxectoria (gl.wikipedia.org)
É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario doIDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país
Especializado en Historia Agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de traballo referen á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Las siguientes imagenes de satelite, de 1973, muestran claramente las zonas de cultivo y arboles que habia entonces, las imagenes de hoy, que veis en cualquier movil, son bien distintas.





Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com