martes, 21 de marzo de 2017

Biblioteca de Mesopotamia, un selo editorial promovido polo escritor e actor monfortino Antón Lopo ten previsto editar a primeira biografía de Filomena Arias, a Bruxa de Torbeo.

Asi nos lo dio a conocer Francisco Albo en un articulo de www.lavozdegalicia.es.-
"A pinacoteca do Colexio da Compañía de Monforte será escenario o día 11 da presentación da Biblioteca de Mesopotamia, un selo editorial promovido polo escritor e actor monfortino Antón Lopo (1) e recoñecido como iniciativa de interese cultural pola Real Academia Galega. Con este selo está previsto editar obras de literatura e historia relacionadas coas terras do sur lucense e do norte ourensán situadas en torno á confluencia do Miño e do Sil -escritas por clásicos das letras galegas, por escritores hoxe pouco recordados e tamén por autores novos-, que irán aparecendo a un ritmo de catro volumes por ano..."
"O proxecto comprende por outra parte a edición da primeira biografía de Filomena Arias, coñecida como a Bruxa de Torbeo, un destacado personaxe da medicina popular que pasou boa parte da súa vida en Monforte. Esta obra recollerá textos moi pouco coñecidos de Antón Patiño Regueira, libreiro, micólogo e animador cultural que nos seus últimos anos organizou varios encontros sobre a figura de Filomena Arias."

En el muro de la playa fluvial de San Clodio la cara de lo que María, la artista de San Clodio que la pinto, imagino que fue Filomena Arias “a bruxa de Torbeo”.

(1) Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.
Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.
 É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.
 Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).
 No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.
 Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte.

Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com