martes, 11 de noviembre de 2014

Hoxe xa sabedes; Polo san Martiño, castañas e viño.

Polo San Martiño deixa a auga e bebe o viño.
Polo san Martiño mata o teu porquiño.
Polo San Martiño péchase o camiño.
Polo San Martiño, proba o teu viño.
Polo San Martiño vende o teu viño, antes ó pipeiro que ó taberneiro.
Polo san Martiño, andan as noces a roliño.
Polo San Martiño bólas ó tellado e trompos ó camiño.
No san Martiño xa se coñece o bo viño.
Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín.
O que cava en novembre, o tempo perde.
O que queira ter bo alliño, que o semente polo san Martiño. 

Cada porco ten o seu san Martiño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
De san Martiño para adiante fame e frío.

Planta a horta en San Martiño e plantarás para ti e o veciño.
O vrán de san Martiño pode ser grande ou pequeniño.
No san Martiño, porco e viño.







Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com