El pasado fin de semana un grupo de excursionistas del Club Vía Láctea, de Santiago de Compostela, recorrió la ruta circular Castro de Abaixo a Torbeo por la Cubela y regreso por Souto.

En su pagina web (http://clubvialactea.es/index.html) podeis ver las distintas actividades que organizan, imágenes de las rutas que realizan y toda la información necesaria para sumarse a sus excursiones; “Somos un grupo aberto que ofrece participar nas actividades organizadas polo club sen necesidade de pertencer ou ser socio do mesmo; o único requisito para poder participar en cualquera das nosas actividades e ter a Licenza actualizada da Federación de Montañismo ou un seguro de accidentes puntual que cubra posibles accidentes durante a práctica deste deporte. Estamos rexistrados na Federación Galega de Montañismo e facilitamos a tramitación das licenzas anuais.”.


"O camiño discorre por terras da parroquia de Torbeo e remata na aldea de A Cubela. As paisaxes características do Canón do Sil móstranse en toda a súa beleza ó largo do itinerario, que conta cunha variada flora autóctona. Nas proximidades da ruta, combínanse os vestixios arqueolóxicos, o patrimonio románico, a arquitectura tradicional e as típicas terrazas vitícolas da Ribeira Sacra. Trátase dunha ruta circular de dificultade media. O camiño completo ten 14,7 quilómetros e pódese recorrer en 4 horas.

A ruta comeza atravesando a ponte de Augasmestas, dende aquí hai que camiñar pola estrada que conduce a Castro de Abaixo. Ó aproximarnos a esta aldea, xa podemos contemplar algúns vestixios dun asentamento castrexo e dunha explotación aurífera romana. Tras cruzar o pobo, xunto á última casa, encontrámo - lo camiño que nos levará ata A Cubela pola marxe dereita do Río Sil. Logo de percorrer 200 metros, cruzámolo rego das Chenzas. 50 metros máis adiante o camiño bifúrcase. Collemos cara á dereita e entramos nunha zona de monte baixo dende o que podemos admirar a con fluencia do Río Lor co Río Sil, no lugar de Augasmestas, aldea de Covas, famosa polas explotacións auríferas. Seguindo polo sendeiro, aparecen as primeiras mostras de vexetación mediterránea: aciñeiras, sobreiras e érbedos principalmente. Tras camiñar sempre preto do río acabamos cruzando o rego de Ribón, onde se poden contemplar unhas fermosas fervenzas. 500 metros máis adiante, aparecen mesturadas coa vexetación mediterránea, árbores típicas do clima atlántico: carballos, castiñeiros, loureiros, etc. Entre unha vexetación tan variada, podemos admirar antigos bancais para o cultivo do viño. Un quilómetro máis e saímos da zona de bosque e volvemos a camiñar por entre o mato. Cada vez a espectacularidade das vistas e das paisaxes é máis patente. Xa chegamos ó treito final ata A Cubela que está situada sobre un meandro de case 180 grados deseñado polo río Sil. A Cubela está asentada sobre unha vella explotación aurífera romana e a arquitectura tradicional das súas vivendas consérvase en moi bo estado.

Podemos regresar ó punto de partida pasando por Torbeo, San Lourenzo, Moreiras e Castro de Abaixo, polo antigo paso coñecido como Camiño de Inverno. Onde nos atoparemos ca Pena Tallada e unha igrexa románica caracterizada pola súa beleza: Santa María de Torbeo." (Texto recogido de su pagina web)

Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

Programa de fiestas agosto 2023 Torbeo