miércoles, 5 de febrero de 2014

Das tebras do pecado á luz da salvación: o legado da pía bautismal de Torbeo. Carolina Casal.-

Días atrás dábamos cuenta de la publicación del trabajo de Carolina Casal (licenciada en historia del arte, conservadora del museo diocesano de Lugo) en la revista Compostellanum, con el ruego de que algún lector nos remitiera el texto del mismo. Ha sido la propia autora quien ha tenido la amabilidad de enviárnoslo para que podamos leerlo, lo que le agradecemos sinceramente y más  el que haya dedicado parte de su tiempo al estudio de esta pila bautismal de la iglesia de Torbeo. A continuación reproducimos algunos párrafos del mencionado trabajo y el enlace al archivo completo para su lectura. Es un extenso y valioso documento que pone a nuestra disposición distinta información, desconocida hasta hoy, en torno a la pila bautismal y la iglesia, que nos va a permitir profundizar en el conocimiento de la historia de Torbeo.

“…A monumental pía bautismal de santa María de Torbeo —Ribas de Sil, Lugo— preséntase coma un magnífico exemplo da tradución plás­tica dos dogmas bautismais; a súa saída cara á exposición Gallaecia Petrea, permitiu a lectura da inscrición que subliña os valores salvífi­cos do Bautismo coma rito iniciático cristián. 

DA “CASA DA PÍA” Á IGREXA MONACAL DE SANTA MARÍA 


O certo é que o volume de documentación sobre a igrexa de santa María de Torbeo é escaso ou case inexistente, coma xa indicaron to­dos aqueles que trataron o tema. A entrada no Arquivo Diocesano de Lugo do Libro de Fábrica 1559-1668 da Abadía de Torbeo, supoño que o único existente, abre un novo camiño nas investigacións e verifica a realidade do complexo monástico (*). Con todo a cronoloxía de dito vo­lume e o texto escrito no mesmo, non aclaran a conformación do ente, o das súas igrexas ou o da pía bautismal. 
 

(*) Arquivo Diocesano de Lugo. . Libro de Fábrica de Santa María de Torbeo 1559-1668. Subliñar brevemente o f.4v e a interesante lista de “Señores Abades de Torbeo” unidos desde 1559 á casa de Lemos da man de Dª Beatriz de Castro, nai do cardeal D. Rodrigo de Castro, e pola mesma familia Cabaleiros da Orde de Santiago desde 1653; e coma un deles, “don Diego de Lossada hizo el [ilexíbel] nuevo y el primero que puso Barca en Torbeo” en 1646; e os seus apelidos sobranceiros “Quiroga”, “Taboada”, “Saavedra”, “Fi­gueroa” ou “Losada”, entre outros. Chama tamén a nosa atención a mención na visita do ano 1627 ou 29 —f.161v— á capela fundada por “Vasco de Quiroga”, donante da Orde de san Xoán de Xerusalén e polo cal pasa á orde en 1154 a primeira institución eclesiás­tica, o mosteiro de san Clodio en Quiroga. Esta referencia a recolle Crespo Pozo, J. S. Blasones y Linages de Galicia, Vol. IV (A Coruña, 1997), 114-115, situándoa no Arquivo da Catedral de Astorga mais na actualidade como afirman García Tato, I. e Álvarez Ál­varez, E. Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental, T. I Época Medieval (Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Xunta de Galicia. Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, 2010), 28, está localizábel. Asemade, seguindo coa referencia de Crespo, afirma a existencia, a finais do século XX, da sepultura de don Vasco en santa María de Torbeo inexistente hoxe en día no templo; supoño que autor debeu transcribir a súa inscrición a través dunha fonte non directa, posiblemente do volume de De Masdeu, J. F. España Goda. Tomo IX, Libro I  (Madrid 1791), 479, cuxo autor sitúa a inscrición na igrexa de san Pedro, desaparecida ou localizábel na actualidade. En todo caso, e aínda que nada fica de tal capela, a referencia do Libro de Fábrica vencella a figura nobiliar con santa María e supoñemos que coa fábrica románica do templo —pola coetanie­dade— e asemade estanos a falar das boas e estreitas relacións que habería entre o ente monástico de Torbeo e o de san Clodio de Quiroga, e con el tamén cos cabaleiros sanxoanistas.

A PÍA BAUTISMAL DE TORBEO: A CODIFICACIÓN PLÁSTICA DO DOGMA 

A monumental pía bautismal de santa María de Torbeo está labra­da nun só bloque de granito de grandes dimensións e segue, no que se refire á elección do material, as recomendacións conciliares e con elas outras de claro valor simbólico. Localízase na banda setentrional do templo pegada ao muro do Evanxeo e participa da interpretación dual entre oriente-luz e occidente-tebras, recollida polos Pais da Igrexa e vixente durante toda a Idade Media grazas a tratadistas coma Ho­norio de Autun; situándose na rexión tenebrosa que o bautizado ou bautizada abandonaba tras recibir o sacramento. A disposición actual da peza sobre un capitel invertido débese á restauración que templo e pía sufriron tralo incendio do ano 1936 no que desaparece, ademais do mobiliario litúrxico e as pinturas murais que pechaban a mensaxe simbólica do templo, a súa base orixinal. 
...A pía bautismal de Torbeo crea un microcosmos simbólico onde Auga e Espírito, Materia e Forma e Luz e Resurrección están presen­tes e alonxan do seu programa iconográfico as ideas de inercia, repe­tición ou azar que os esquemas xeométricos soen levar implícitos. De feito, todos eles resultaron seleccionados para se impor sobre a pía pola súa especial capacidade para ilustrar os diferentes aspectos do dogma bautismal, o que nos fai reflexionar sobre a súa autoría e o coñecemento ou non de dito repertorio iconográfico. Realizada, como indicamos, por mestre ou taller “local” e aloxada nunha parroquia “rural” lonxe dos grandes centros artísticos —mais relacionado, o templo, co creativo foco ourensán—, a tosquedade da pía e esquematismo da súa decoración fainos crer na existencia de repertorios específicos, transmitidos grazas aos manuscritos e refe­ridos ao ámbito bautismal; o que explicaría, ademais da repetición dos motivos máis frecuentes nas pías, a concreción simbólica da xeo­metría representada. 
...Realizada nos anos finais do século XII ou incluso nos primeiros anos do século XIII, próxima ao límite cronolóxico do edificio para o que foi creada, a pía de Torbeo lembra a decoracións utilizadas en san Miguel de Eiré ou que se utilizarán en san Fiz de Cangas; que coma as solucións arquitectónicas do templo a vencellan cos obradoi­ros que están a traballar en Ferreira de Pantón. A distancia abismal entre esta e as pías románicas da zona, xa ex­posta por Ramón y Fernández, subliña a monumentalidade da pía de Torbeo e incide na intencionalidade simbólica das representacións nas que se codifican as verdades transcendentes ao carón do Bautis­mo proclamadas pola Igrexa."

Enlace al documento completo: Das tebras do pecado á luz da salvación: o legado da pía bautismal de Torbeo1


 

Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com