Manuel Álvarez López; de Torbeo a Cuba, Miami, Nova York, Venezuela,...


Una vez mas reproducimos aqui un texto de Olegario Sotelo Blanco en el que vuelve a escribir de la emigración y a recordarnos fragmentos de la historia de nuestro amigo y paisano Manuel Alvarez, hijo del Sr. Honorato del Penedo, que actualmente pasa su tiempo entre Torbeo, Verin, de donde es Josefa su esposa y Miami donde residieron y trabajaron buena parte de su vida. Podeis leer el texto completo de "Balseiros á galega" en http://soteloblanco.blogspot.com/2010/01/balseiros-galega_03.html , a continuación la parte de este interesante articulo en el que se refiere a Manuel. "......Pero xa dixemos que os galegos polo mundo tiveron que pasalas de todas as cores. Xunto á cor verde oliva da Revolución aparece outra cor, a azul da costa cubana e das súas augas entre a Illa de Cuba e Miami. Tamén sobre este fondo azul volvemos atopar galegos, pero esta vez non na súa condición de loitadores revolucionarios, senón na súa condición de homes que foxen da Revolución. Neste caso, o papel que desenvolveron estes emigrantes ten relación coa figura dos posteriores balseiros que tantos ríos de tinta fixeron correr no xornalismo mundial. O perfil destes pioneiros da balsa con acento galego estivo representado por Manuel Álvarez López. Este home de Torbeo chegara a Cuba para traballar nun hotel que era propiedade dun tío seu, pero ao pouco tempo triunfa a Revolución castrista e o hotel confiscouno o novo réxime político. Entón Manuel, que escapara xa dos horrores da Guerra Civil española, atópase metido no lerio dos primeiros tempos da Revolución cubana. Non o pensa dúas veces e decide abandonar a Illa a calquera prezo para instalarse nunha terra de liberdade e comezar de novo. Non foi fácil a fuxida de Cuba, xa que estivo chea de peripecias e dalgún que outro acto de piratería para poder subsistir. En efecto, Manuel e outros cinco mariñeiros cubanos descendentes de españois planearon coller pola forza a súa antiga embarcación de pesca que lles confiscara o réxime comunista. Dous deles, que eran amigos dos que tripulaban a lancha, subiron a ela aparentando que estaban bébedos. Unha vez que estiveron dentro, sacaron dous revólveres, botaron fóra os comunistas, subiron os outros catro e fuxiron. Finalmente, estes seis homes lograron pisar terra norteamericana. Así foi como Manuel e os seus compañeiros deixaban atrás o que para eles principiaba a ser un inferno. Pero a viaxe de Manuel Álvarez non ía finalizar en Miami, pois o seu desexo era poder chegar a Nova York, a gran capital do mundo. El logrouno e foi nesta grande urbe onde empezou unha nova vida, esta vez xa respirando aires de liberdade. Traballou en Nova York, en Venezuela e logo na Florida. Nos seus primeiros tempos da súa nova andaina como emigrante colaborou coa contrarrevolución cubana, pero logo decidiu desmarcarse do movemento porque pensaba que iso era competencia dos propios cubanos e non dun emigrante galego. Outra cousa que tivo clara Manuel foi a valoración que fixo do espolio do que fora vítima o seu tío, que da noite á mañá se viu despoxado do hotel da súa propiedade, o que provocou a decisión irrevogable de Manuel de abandonar a illa «revolucionaria» para sempre. Podemos dicir que a historia deste emigrante galego foi por partida dobre: ao longo da maior parte da súa vida, Cuba representou para el tan só unha parada intermedia no longo camiño dunha emigración que o levou finalmente a Norteamérica, onde puido ser feliz e gañar cartos."


Entradas populares de este blog

Pregón ... y pulpo! Primera tarde de prefiestas en Torbeo

Filomena Arias “..Probablemente la más importante curandera de Galicia”

"Siempre se trata de esa referencia cultural gallega, de Torbeo..." dice Rubén Rodríguez González que fundo y dirige en Nueva York el restaurante "Nai".-