domingo, 2 de agosto de 2009

Diario de Agosto, dias 1 e 2

Iniciamos viaxe con 26º e son as 3,30 da mañá. As cinco da tarde, como foi habitual en todo o mes de Xullo, seguro que aquí en Albacete, volveran os 40º. Seis horas e media de camiño van liberarnos deste calor. Até Madrid viaxamos rapido e con pouca compañía mais o chegar á capital únensenos uns cantos miles, decenas de miles, e todos xuntos A 6 cara ao desexado NORTE, a desexada GALICIA, e no noso caso TORBEO. Chegamos a Rairos ás 10 e Angel xa ten a punto un bo prato de polbo...Todo esta inusualmente verde tendo en conta que estamos en agosto, os nosos veciños coinciden: AINDA NON VEU O VERAN e para confirmalo a tarde é de choiva, a noite moi fresca e non pasamos dos 20º. Agradecemos o cambio. O dia 2 sol esplendido e din que hai que reclamar a volta de D. Miguel, parece que Don Manuel o cura de San Clodio, non nos atende como merecemos ou mellor dito Torbeo merece un cura con maior dedicación. A misa de hoxe domingo fixose o sabado ás seis da tarde e estes meses pasados, desque Miguel deixou Torbeo, só se celébra cada quince dias, e ás 11 da mañá. A misa do domingo ás doce ou doce e media foi durante anos e anos o momento de encontro dos veciños, familias e amigos, do viño na cantina e da compra mesmo. ¡Coma se non imos os da Ventosa ver os de Paredes ou os de Filgueiro! ¡Ou que escusa imos poñer para pasar un bo momento na cantina!.... ¡POIS QUE VOLVA MIGUEL!.

Si quieres ver lo publicado hasta hoy organizado por temas:

Por fecha de publicación

para enviar comentarios sobre esta web: torbeo@gmail.com